Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do Concello de Ourense. A finalidade das bases e da convocatoria é regular o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo considerados/as de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, no eido dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Os devanditos programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidas de forma prioritaria a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

A convocatoria está dotada cun orzamento de 325.100 euros. As asociacións e entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes até o día 18 de setembro.

Podes consultar as Bases no Boletín Oficial da Provincia do 17 de xullo de 2019 [ENLACE ao BOP 17 de xullo 2019]

De seguido, os anexos ás bases (descarga formato .pdf):

Ademais, xa podes consultar a Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do 17 de agosto de 2020. ENLACE ao BOP de 17 de agosto de 2020 (PDF)