Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

As Concellerías de Asuntos Sociais e Seguridade Cidadá do Concello de Ourense están a realizar un censo de persoas sen teito na cidade. Un traballo que espera ter rematado a próxima semana e ten como finalidade “axudarlles o máximo posible e, o que é mais importante, facelo coa maior celeridade para conter o impacto dunha nova incidencia da COVID-19 entre as persoas sen teito”, asegura Telmo Ucha, concelleiro das dúas áreas municipais que interveñen nesta iniciativa.

"Non podemos quedar de brazos cruzados ante xente sen recursos para que adopten as medidas de prevención necesarias e, mesmo no caso de que sexa necesario, proporcionarllas”, asegura, “e para iso hai que ter practicamente ao día o estado da súa situación".

Para isto, creouse un operativo no que colaboran Protección Civil e a Policía Local, que inclúe visitas ás persoas sen teito para coñecer, caso por caso, a súa situación. Unha vez se recolla toda esta información, “valoraremos desde Asuntos Sociais que outros servizos e medidas urxe adoptar”, avanza Ucha Álvarez, quen asegura neste sentido que "unha das vantaxes de ter delegadas varias concellerías é que é moi fácil determinar prioridades e coordinar aquilo que sexa posible ir facendo e que nos van trasladando".

Lembra o edil que a incidencia agora “é maior debido á proximidade do inverno, por iso non podemos esperar a que nos volva pillar por sorpresa en caso de darse un incremento de casos".