Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello de Ourense colabora este ano, man a man co Fondo Galego de Solidariedade, no proxecto europeo People & Planet, centrado na sensibilización fronte ao cambio climático, e dirixido a concienciar as mozas e mozos europeos para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2021 e se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global.

Entre outros, os campos de acción desta iniciativa son: WaterOfTheFuture, que pon o foco na escaseza de auga, con consecuencias devastadoras, tanto na actualidade como para as vindeiras xeracións; #IamTheChange, para que a mocidade suba a Youtube un vídeo de 1 minuto de duración expoñendo o seu compromiso co cambio cara unha sociedade máis xusta e sostible; ou Concurso Viral, baseado en fotografías e mensaxes co obxecto de denunciar situacións inapropiadas no medio ambiente detectadas na contorna municipal, concretamente por descoido ou mala praxe da cidadanía.

O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de oito Estados membros e de Cabo Verde.