Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello de Ourense abre desde o martes 13 de abril, os prazos para solicitar as axudas que lles concederá este ano ás asociacións e entidades do ámbito social para apoiar o labor que desenvolven no Concello. O Concello publica o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe e na páxina web municipal www.ourense.gal, de forma que as persoas interesadas poidan presentar as súas solicitudes. O prazo é de un mes, até o 12 de maio.

A convocatoria está dotada con 325.000 euros en réxime de concorrencia competitiva. As axudas van destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello no ámbito dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Os programas, proxectos ou actividades deben ir dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, del 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Toda a información e impresos están na web do Concello.

Máis información na sede electrónica do Concello de Ourense [Enlace].