Asuntos Sociais
Áreas
A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrumpida cun equipamento de comunicacións e informática específicos especialmente destinados a persoas maiores que viven soas para que teñan atención inmediata en caso de emerxencia.
As Unidades Interdisciplinares de Intervención Social, UNIS, son a canle normal de acceso ao sistema de servicios sociais do Concello, coa intención de garantir a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias e aos ámbitos familiar e social.
O albergue municipal de transeúntes de Ourense ten a súa sede na Praza do Trigo, número 1.
É un centro de inclusión e emerxencia social para o aloxamento de carácter temporal destinado a acoller persoas en situación de emerxencia social, transeúntes e personas que están sen fogar, proporcionándolles aloxamento e manutención por un período limitado de tempo.
Os centros cívicos son equipamentos municipais que ofrecen servizos e actividades municipais, e serven coma punto de encontro e de referencia dos cidadáns e as cidadás, coa finalidade de fomentar a súa participación activa na sociedade.
O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local que consiste en ofrecer un conxunto de atencións as persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu medio habitual.
O servizo de comida no fogar, como norma xeral, será un servizo complementario do Servizo de Axuda no Fogar, que mediante persoal cualificado suministra diariamente a comida no fogar a persoas que pola sua especial situación así o requiran.
Se trata dunha instalación con capacidade para 25 usuarios destinado a persoas maiores dependentes, dentro do ámbito do Concello de Ourense.
Son aqueles que desenvolven programas e xestionan centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincoporación social, ou como espazo de tránsito hacia un servizo especializado.