As actividades, que comezarán este luns e desenvolveranse até o vindeiro 2 de xuño, van desde o Cachibol, tai-chi, teatro, recital de corais, ou exposicións das actividades realizadas ao longo do curso até a tradicional cea de despedida.
A xa tradicional Comida dos maiores será o vindeiro xoves 1 de xuño en Aixiña, onde se celebrará o baile a partir das 16:30 horas. Para asistir á comida en AIXIÑA é necesario facer reserva previa. Prezo do menú: 13 € a aboar no restaurante o mesmo día da comida. É importante levar o importe xusto para axilizar a entrada no restaurante. Só se farán reservas ata o día 31 de maio.
Máis información
Para máis información están os teléfonos de:
- Atención cidadá (988 392 909)
- Centro cívico Colón (988 393 107)
- Asuntos Sociais (988 388 171)