Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas


"A razón de ser do conxunto da actividade subvencional da Concellería de Asuntos Sociais", dixo o alcalde de Ourense, "é impulsar, promover e potenciar a participación da poboación municipal, así como promocionar a inclusión social dos individuos mediante axudas económicas a aqueles cidadáns que se atopen en determinadas situacións de vulnerabilidade social en defensa do principio de igualdade de oportunidades". A elaboración do presente Plan estratéxico de subvencións (PES) debe concibirse como un exercicio que permita realizar unha autentica planificación estratéxica das políticas de contido subvencional desenvolvidas por esta.

O Plan persegue estes obxectivos xerais: Por unha banda, dotar á Concellería de Asuntos Sociais dun instrumento de planificación das políticas públicas que teñan por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social relacionada coas materias da competencia desta. Pola outra, e desde a perspectiva da transparencia, darlle cumprimento á normativa aplicable para o acceso á información pública e bo goberno, nestas materias ante as novas obrigas de publicidade activa e pasiva impostas por esta.

Este PES resulta de aplicación directa a todas as subvencións concedidas anualmente pola Concellería de Asuntos Sociais mediante os seguintes procedementos: Subvencións en réxime de concorrencia competitiva e subvencións de concesión directa. Con carácter xeral, as subvencións concederanse en réxime de concorrencia competitiva; con todo, poderán concederse mediante axuda directa aquelas subvencións que figuren como nominativas nos orzamentos municipais.

Así, as liñas estratéxicas de actuación recollidas no plan Estratéxico son as seguintes: Subvencións en réxime de concorrencia competitiva; subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais; subvencións en especie para locais de asociacións de maiores; subvencións en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar, e para comedores escolares. Por outro lado, estarían as subvencións de concesión directa: Os Convenios nominativos.

Documentos