Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Ourense pode presumir de contar cun Centro Interxeracional único no país. Un dos proxectos máis importantes e singulares que esta cidade ten acadado.

Un modelo a seguir que estou seguro sentará as bases de novos proxectos sociais.

Un exemplo na concepción dos servizos asistenciais ás persoas que máis os precisan: os meniños e os maiores.

E se hoxe Ourense está de noraboa é porque houbo moito, moitísimo traballo detrás. Este Concello buscou, busca e buscará aliados para acadar melloras que se traduzan nunha mellor calidade de vida da veciñanza.

E nesa búsqueda de aliados sempre ten a man tendida do Goberno Galego. Da Xunta de Galicia. Do Executivo dirixido por Alberto Núñez Feijóo. Sempre sensible, sempre receptivo e sempre resolutivo coas peticións que lle trasladamos en nome dos nosos veciños e veciñas.

Mais nesa cooperación un elemento clave foi o que hoxe representan aquí Flora Pérez Marcote e Óscar Ortega, vicepresidenta e director da Fundación Amancio Ortega, respectivamente. A financiación deste ambicioso proxecto, sen precedentes na nosa cidade, parte deste organismo cunha fonda responsabilidade social, un impagable compromiso e unha loable sensibilidade coas necesidades sociais dos territorios.

Falar hoxe da importancia deste Centro Interxeracional parte desde a emoción e o orgullo por ter feito ben as cousas, por ter alcanzado un obxectivo marcado neste mandato. Mais estou seguro que deste centro falarase durante décadas pola revolución que vai supoñer en materia de asistencia social, en materia de algo tan importante como é o coidado das persoas máis vulnerables.

De ahí que desde o Concello promoveremos diversas xornadas de portas abertas para que a cidadanía de Ourense coñeza a dimensión deste proxecto. Para que descubran un lugar, un concepto, do que a cidade debería sentirse orgullosa polo que supón e polo que ofrece.

Fomentar as actividades interxeracionais enriquecen non só aos individuos que as practican, senón á sociedade no seu conxunto.

Hoxe coñecemos un dos proxectos máis importantes que acada Ourense en moitos anos. Unha infraestrutura chamada a ser un referente a nivel estatal. Un centro que situará a Ourense na vangarda das políticas sociais. Un lugar destinado a mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas. Un proxecto do que sentirnos profundamente orgullosos por telo acadado.