Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Esta colaboración foi ratificada mediante a sinatura dun convenio entre o alcalde, Jesús Vázquez; o presidente provincial de Cruz Roja, Felipe Ferreiro; e o presidente da Fundación Barata Ojea Quiroga Vilariño, Diego Carvajales Santa Eufemia-Domínguez
O alcalde, Jesús Vázquez, salienta que “ante a situación de crise humanitaria que se está a producir coas persoas refuxiadas, no Concello de Ourense queremos colaborar neste compromiso, mediante a aportación de recursos e a sensibilización doutras entidades e da poboación en xeral”

O Concello Concello de Ourense, Cruz Roja e a Fundación Barata Ojea Quiroga Vilariño ratificaron esta mañá, mediante a sinatura dun convenio, a súa colaboración para reforzar na cidade o programa de asilo ou protección internacional. A Fundación Barata Ojea Quiroga Vilariño, por petición do Concello, porá a disposición de persoas beneficiarias do programa un piso na cidade, que será xestionado por Cruz Roja.

Esta colaboración foi ratificada esta mañá no Concello de Ourense mediante a sinatura dun convenio entre o alcalde, Jesús Vázquez; o presidente provincial de Cruz Roja, Felipe Ferreiro; e o presidente con carácter vitalicio da Fundación Barata Ojea Quiroga Vilariño, Diego Carvajales Santa Eufemia-Domínguez. Este acordo pretende potenciar aquelas actuacións encamiñadas a favorecer a acollida e integración das persoas incluidas no programa de asilo e refuxio, co fin de satisfacer as súas necesidades de aloxamento e integración.