Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello de Ourense pon en marcha a programación de actividades dos centros cívicos municipais para o curso 2019/2020, tanto as destinadas á cativada como ás persoas adultas. Desde o mércores, 25 de setembro, até o 2 de outubro, as persoas interesadas poderán realizar a inscrición naquelas propostas que lles resulten máis atraíntes, a través da páxina web Cursos Asuntos Sociais no Centro Cívico da rúa Colón ou na Oficina de Atención Cidadá, na planta baixa da Casa do Concello na Praza Maior.

Para persoas adultas, a programación deseñada pola Concellería de Política Social inclúe actividades lúdicas e formativas sobre novas tecnoloxías: informática, Internet básico e avanzado, uso de móbil e tablet, smartphones (iniciación e perfeccionamento), creación de páxinas web ou Photoshop; e outras de saúde e lecer, como ioga, kizomba, salsa, bachata, ximnasia abdominal hipopresiva, ximnasia de mantemento, ou manualidades e scrapbooking, que se desenvolveran nos centros cívicos de Colón, A Ponte, A Cuña, As Termas e Seixalbo. Todos os cursos para persoas adultas comezarán na semana do 18 de novembro, agás os de informática. A admisión comunicarase telefonicamente.

Cada persoa pode solicitar un máximo de 3 actividades, indicando a orde de preferencia. As prazas adxudicaranse por orde de entrada e, en segundo lugar, por orde de preferencia na actividade. Ë preciso que a persoa estea empadroada en Ourense.

Actividades infantís

Para nenos e nenas, os 5 centros cívicos ofertan actividades de luns a venres, de 17:30 a 20:00 horas para escolares que naceran entre 2010 e 2016, e os sábados, de 10:30 a 13:00h para alumnado de 4º de Infantil a 6º de Primaria. No centro da rúa Colón tamén se ofrece apoio escolar para alumnado de 5º de Primaria até 2º da ESO, 3 días á semana. As actividades infantís comezarán o día 1 de outubro e o prazo de inscrición estará aberto desde o 25 de setembro até cubrir todas as prazas.