Son aqueles que desenvolven programas e xestionan centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincoporación social, ou como espazo de tránsito hacia un servizo especializado.
Estes servizos poderán ter un carácter comarcal, de acordo coa planifación e ordenación do sistema galego de servizos sociais.
Obxectivos:
- Desarrollar programas e actividades para previr a exclusión de grupos vulnerables e facilitar a súa inserción e normalización social
- Atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión a través de programas en medio aberto, en centros de tipo non residencial ou en centros de residencia temporal.
- Xestión de equipamentos comunitarios para sectores de poboación con necesidades específicas.
Programas
- Programas de Familia, Infancia e Adolescencia (pdf)
- Programas de Promoción da Autonomía Persoal e Envellecemento Activo (pdf)
- Programas de Inclusión social (pdf)
Localización
Bispo Carrascosa, número 8