O Concello de Ourense aprobou a resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2019. Nela adxudícalles axudas a entidades sen ánimo de lucro para a execución de proxectos no ámbito dos servizos sociais, por un importe total de 324.478,89€. O detalle da resolución pódese consultar aquí:
- Resolución da convocatoria de subvencións Resolución (PDF)
- Boletín oficial da provincia en que se publicou a resolución Boletín (PDF)