Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello de Ourense aprobou, en sesión extraordinaria de xunta de goberno local celebrada esta mañá, convenios de colaboración con seis entidades dos ámbitos dos asuntos sociais e da sanidade. En total, os importes dos diferentes convenios suman 215.000 euros. Así, este órgano executivo dálle luz verde á Concellería de Política Social, Igualdade e Sanidade para asinar convenios de colaboración coas seguintes asociacións e para os seguintes conceptos.

  • Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Ourense (AFAOR), para o financiamento dos “Obradoiros de estimulación cognitiva” e de “Axudas Técnicas” para enfermos de alzhéimer e outras demencias de Ourense”, 25.000 €
  • Banco de Alimentos, para financiamento da actividade de captación, clasificación e distribución gratuíta de alimentos para os colectivos e as persoas necesitadas ou en risco de exclusión social, 15.000 €
  • Cáritas Diocesana, para o financiamento do Comedor Social, 125.000 €
  • Asociación de Axuda ao Toxicómano (ATOX), para o desenvolvemento do programa de piso de acollida para a incorporación social no ano 2019, 25.000 €
  • Fundación Monte do Gozo - Proyecto Hombre, para o desenvolvemento do programa de actividades de rehabilitación e inserción socio laboral en réxime residencial de condutas adictivas en 2019, 25.000 €
  • Comité Cidadán Antisida, para o desenvolvemento dun programa de redución de riscos en usuarios de drogas por vía parenteral en 2017, 25.000 €