Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local que consiste en ofrecer un conxunto de atencións as persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu medio habitual.

Serán beneficiarios calquera persoa ou unidde de convivencia para as que este servizo supoña un recurso idóneo de atención, de acordo cunha valoración técnica.

En especial se atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu entorno inmediato.

Actuacións de carácter básico

  • Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no domicilio do beneficiario.
  • Atencion das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que axuden a mellorar o entorno dos beneficiarios e as súas familias. Se é o caso, tarefas domésticas como a lavandaría e a alimentación a domicilio poderán ser facilitadas por servizos específicos.
  • Acompañamento persoal na realización de actividades da vida diaria, como: apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares; así como seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario. 

Actuacións de carácter complementario

  • Acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
  • Servizo de empréstito de axudas técnicas para persoas en situació de dependencia ou dependencia temporal. Enténdese como axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software fabricado para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na participación social das persoas.
  • Adaptacións funcionais do fogar.
  • Servizo de podoloxía a domicilio.
  • Servizo de fisioterapia a domicilio.

Reforzo ao programa de educación e apoio familiar

  • Tamén, con carácter subsidiario do programa de atención e apoio familiar, poderá dar unha resposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de famlias en risco de exclusión social. 
  • Neste eido ofrece atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.

Modalidades de acceso

  • Directo. Para personas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na corespondente resolución de Programa Individual de Atención, e consonte a aplicación do Programa de asignación de recursos.
  • Para as persoas as que non lle asiste o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia o acceso ao servizo resolveráse en réxime de libre concorrencia logo da prescripción técnica do profesional de referencia, segundo o procedemento:
    • A solicitude do interesado ou de oficio, cando as circunstancias así o xustifiquen
    • Logo da presentación dun escrito acompañado de documentación

Solicitude

Máis información