Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, realizou no día de hoxe a súa derradeira doazón pola pandemia da covid-19, cun ingreso en metálico na conta bancaria de Cruz Vermella. Esta achega ascende ao 30% do seu soldo, correspondente aos primeiros quince días do mes de xuño, que foron os últimos nos que se prolongou o estado de alarma en Galicia. Con anterioridade, e durante o confinamento, o rexedor realizou varias doazóns, neste caso a Cáritas, consistentes na adquisición de material necesario para mellorar o importante labor que veñen levando a cabo no comedor social, e que facían referencia aos salarios recibidos en abril e maio.

Gonzalo Jácome comprometérase en abril a que mentres durase o estado de alarma, renunciaría ao 30% do seu salario, para doalo “como grao de arena pola crise da covid-19”. Neste senso, pon de manifesto que coa súa decisión quixo enviar unha mensaxe clara, que non é outra ca “cando acontecen situacións coma estas é fundamental a solidariedade”, ademais de facer referencia a que “a postura do alcalde e do goberno foi contundente, xa que destinamos máis de 2 millóns de euros para a área social”.

Mais o que tamén quere facer o alcalde é un chamamento a “prudencia” de toda a cidadanía para evitar repuntes do coronavirus, de aí que insista na necesidade de “cumprir coas medidas de seguridade”, e no que é competencia municipal, advirte que “adoptaremos as medidas que sexan necesarias”, xa que non dubida en sentenciar que “a vida das persoas é o máis importante, e todos temos que ser consecuentes”.