Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A Concellería de Política Social publica as bases para a selección de proxectos do programa de actividades dos centros cívicos do Concello de Ourense, correspondentes á campaña 2020-21, consonte aos obxectivos establecidos no artigo 3 da Ordenanza reguladora dos centros cívicos municipais do Concello de Ourense, particularmente: “ofrecer alternativas de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e as capacidades das persoas”, e “elaborar programas de carácter cultural e social que teñan como obxecto o desenvolvemento integral dos veciños e veciñas”.

As propostas son as seguintes:

  • Actividades Semanais para nenos e nenas de Infantil e Primaria de luns a venres, dúas horas e media diarias con temporalización de outubro a xuño e cinco horas diarias en periodos non lectivos de Nadal, Semana Santa e xuño. As actividades incluídas serán socioeducativas e lúdicas.
  • Actividades de Sábados para nenos e nenas de Infantil e Primaria dúas horas e media os sábados con temporalización de outubro a xuño. As actividades incluídas serán socioeducativas e lúdicas.
  • Actividades Verán para nenos e nenas de Infantil e Primaria de luns a venres, cinco horas diarias. Meses de xullo e agosto. As actividades incluídas serán educativas, formativas e lúdicas.
  • Actividades de Apoio Escolar para nenos e nenas de 5º de Educación Primaria a 2º de ESO. De luns a venres tres días á semana hora e media cada día e con temporalización de outubro a xuño.

Consulta as bases aquí: [Bases e convocatoria.pdf]