Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A Concellería de Política Social abre a convocatoria para regular as bases para a selección de proxectos do programa de actividades de ocio e tempo libre para persoas maiores no marco do programa de envellecemento activo do Concello de Ourense, correspondentes á campaña 2020-21.

Estas actividades irán encamiñadas ao desfrute do ocio e do tempo libre das persoas maiores de 60 anos ( actividades de exercicio físico, mantemento e deportivas, tanto en espazos pechados como en espazos públicos ao aire libre destinados a tal fin; artísticas, cognitivas, de estimulación da memoria, informáticas, etc...) e procurando na medida do posible, o tratamento transversal con outros temas, tales como os relacionados cos valores sociais (solidariedade, respecto á natureza, civismo, voluntariado, etc...) e de fomento e coidado da saúde.

Os proxectos deben promocionar a igualdade entre homes e mulleres, incorporar a perspectiva de xénero e evitar os elementos de discriminación sexista no uso da linguaxe.

Consulta as bases aquí: [Bases e convocatoria.pdf]