Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello de Ourense traballa na volta á normalidade dos centros cívicos como lugares de encontro, relación e cooperación coa cidadanía. Para iso, no vindeiro mes de novembro porá en marcha actividades para adultos e nenos. As persoas interesadas poden inscribirse a partir do luns, 2 de novembro, ás 9:00h na páxina web da Concellería de Asuntos Sociais, SSOCIAISCURSOS.

Actividades infantís. As actividades realizaranse nos 5 centros cívicos municipais: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo:

  • Actividades Semanais: de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas.
  • Actividades de Sábado: os sábados de 10:30 a 13:00 horas.
  • Apoio Escolar (só no Centro Cívico Colón): tres días á semana

Debido ás restricións de aforo na cidade de Ourense estes momentos haberá só un grupo de cinco persoas incluído o monitor ou monitora por centro. Por este motivo neste curso só haberá a opción de elixir as Actividades Semanais por días e o reparto será en función da demanda polo que non se garante aproveitar da semana completa. Será da seguinte maneira:

  • Quenda 1: luns e mércores.
  • Quenda 2: martes e xoves.
  • Quenda 3: venres.


Actividades para adultos. 
Para as persoas adultas, os centros cívicos ofertan un total de 31 actividades diferentes: ioga, mantemento, ximnasia, fitness, baile (en diferentes estilos), alimentación, compra saudable, informática, Photoshop, smartphone, fotografía entre outros.

Para participar é imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense. Poderanse escoller un máximo de tres actividades por persoa e por orde de preferencia en cada centro.

Máis información, listaxe de cursos, horarios previstos, e inscricións na páxina web da Concellería de Asuntos Sociais, SSOCIAISCURSOS.