Os cinco centros cívicos municipais comezan o mércores, 14 de decembro, as actividades extraordinarias destas datas co obradoiro “Decoremos de Nadal o centro cívico e o barrio”, dirixido a nenos e nenas en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Esta actividade, que se desenvolverá até o vindeiro venres, será a primeira dunha programación elaborada desde o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Ourense e que inclúe, entre outras, actividades como Papá Noel e os seus trasnos visitan o centro cívico, teatro, contacontos de Nadal, exhibicións de baile ou obradoiros de cociña ata musicais. Ademais, unha caravana levará o “cine máis pequeno do mundo” polos diferentes barrios da cidade.
A programación por centros
- A programación do Centro Cívico de Seixalbo (pdf)
- A programación do Centro Cívico de Colón (pdf)
- A programación do Centro Cívico de As Termas (pdf)
- A programación do Centro Cívico de A Ponte (pdf)
- A programación do Centro Cívico de A Cuña (pdf)