Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello destinará a partida prevista para a Festas de Ourense 2021 para reforzar a área social. Dada a situación actual ocasionada pola pandemia da COVID-19 non será posible celebrar este ano a cita festiva, e a partida prevista nos orzamentos para esta finalidade destinarase a reforzar a acción social.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deu instrución esta mañá para que se inicie a tramitación dun expediente de transferencia de crédito, por importe de 480.000 euros procedentes de partida de Festas tradicionais da cidade, que se destinarán a incrementar tres partidas:

  • Programa de axudas de emerxencia social. A partida está dotada con 320.000 euros, mais o gasto realizado no primeiro trimestre ascende xa a 180.080 euros, o que fai preciso inxectar 280.000 euros máis para dar resposta ás necesidades de todo o ano 2021.

  • Programa dos centros cívicos, onde se desenvolven ao longo de todo ano actividades para persoas adultas e tamén específicas para a rapazada que se organiza en datas coma Nadal, Verán ou Semana Santa. A esta partida destinaranse 100.000 euros.

  • Contrato de limpeza de centros educativos. A causa da pandemia da COVID-19, a Xunta aprobou o protocolo “Volta segura ás aulas”, que require medidas de limpeza adicionais ás habituais, coma a limpeza permanente dos centros na xornada de mañá, non prevista no contrato de limpeza dos centros educativos, e supoñen un custe engadido. Incorporarase un crédito de 100.000 euros para esta necesidade.

A totalidade dos fondos que se mobilizarán proceden da partida inicialmente prevista para as Festas de Ourense 2021, ante a imposibilidade de celebralas pola pandemia da COVID-19. O Concello de Ourense realizará a súa principal aposta en materia de festas no San Martiño, coa confianza de que a evolución da pandemia entre nun novo escenario que permita a súa celebración.

A transferencia de créditos ás partidas de axudas de emerxencia social (280.000) e centros cívicos (100.000) será presentada á aprobación por parte do Pleno do Concello. Os 100.000 euros, que se destinarán á limpeza de centros educativos transferiranse a través dun decreto da Alcaldía.