Asuntos sociais

Sede da área de Asuntos sociais

Cárcere da Coroa Bispo Carrascosa 8, 1º Centro Histórico Ourense (32005)

Teléfono: 988 388 133/ 988 388 100

Horario: de 9.00h a 14.00h

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

Beneficiarios

  • Poderán acollerse a este servizo persoas maiores de 18 anos en situación de exclusión ou emerxencia social que, debido a sinistros na súa vivenda, carencias socioeconómicas, problemas de saúde ou graves conflitos persoais ou de convivencia pasan por unha situación carencial aguda entre as que se inclúe a falta dun fogar ou núcleo sustitutivo deste.
  • De forma excepcional poderá acoller a menores de idade sen acompañar.

estancia máxima será de tres días consecutivos cada tres meses. A continuidade, en casos excepcionais, será valorada polo traballador ou traballadora social.

Instalacións

O albergue conta con vinte prazas e presenta os seguintes servizos:

  1. Acollida, valoración, asesoramente e derivación.
  2. Admisión e aloxamento.
  3. Manutención.
  4. Hixiene e lavandaría.
  5. Consigna.
  6. Enderezo Postal.

Normas de funcionamento

  • Erguerse: 07,30 horas.
  • Consigna: 08,00 a 08.15 horas.
  • Almorzo: 08,15 a 08,30 horas.
  • Comedor: 12,30 a 13,30 horas.
  • Cea: 20,30 a 21,30 horas.
  • Silencio: 23,00 horas.

Máis información

O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local que consiste en ofrecer un conxunto de atencións as persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu medio habitual.

Serán beneficiarios calquera persoa ou unidde de convivencia para as que este servizo supoña un recurso idóneo de atención, de acordo cunha valoración técnica.

En especial se atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu entorno inmediato.

Actuacións de carácter básico

  • Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no domicilio do beneficiario.
  • Atencion das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que axuden a mellorar o entorno dos beneficiarios e as súas familias. Se é o caso, tarefas domésticas como a lavandaría e a alimentación a domicilio poderán ser facilitadas por servizos específicos.
  • Acompañamento persoal na realización de actividades da vida diaria, como: apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares; así como seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario. 

Actuacións de carácter complementario

  • Acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
  • Servizo de empréstito de axudas técnicas para persoas en situació de dependencia ou dependencia temporal. Enténdese como axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software fabricado para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na participación social das persoas.
  • Adaptacións funcionais do fogar.
  • Servizo de podoloxía a domicilio.
  • Servizo de fisioterapia a domicilio.

Reforzo ao programa de educación e apoio familiar

  • Tamén, con carácter subsidiario do programa de atención e apoio familiar, poderá dar unha resposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de famlias en risco de exclusión social. 
  • Neste eido ofrece atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.

Modalidades de acceso

  • Directo. Para personas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na corespondente resolución de Programa Individual de Atención, e consonte a aplicación do Programa de asignación de recursos.
  • Para as persoas as que non lle asiste o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia o acceso ao servizo resolveráse en réxime de libre concorrencia logo da prescripción técnica do profesional de referencia, segundo o procedemento:
    • A solicitude do interesado ou de oficio, cando as circunstancias así o xustifiquen
    • Logo da presentación dun escrito acompañado de documentación

Solicitude

Máis información

Se trata dunha instalación con capacidade para 25 usuarios destinado a persoas maiores dependentes, dentro do ámbito do Concello de Ourense.

Solicitude

Beneficiarios

  • Persoas que presenten dependencia física e/ou psíquica nunha fase inicial
  • Persoas maiores de 60 anos, excepcionalmente entre 50 e 60 anos.
  • Empadroados e residentes no Concello de Ourense.
  • Non serán usuarios:
    • Persoas con alto grao de dependencia ue lles impida a mobilidade fora do domicilio.
    • Persoas con episodios non controlables ou trastornos de conduta: agresividade, delirios, tendencia a escaparse, berros, etc.
    • Persoas que sufran unha deterioracion física e/ou mental.

Horario

  • O centro de día, situado no edificio de Aixiña na rúa Recaredo Paz número un, estará aberto de luns a venres, en horario de 10,00 a 18,00 horas, en horario continuado.
  • A inclusion no servizo será en xornada completa de luns a venres.

Transporte ao centro

O inicio do transporte será ás 09,00 horas. Recollerá aos usuarios no portal do seu domicilio, onde deberán estar acompañados dun familiar ou persoa en quen delegue, maior de 18 anos, tanto na recollida como na chegada do usuario.

Servizos ofertados

  • Apoio nas actividades da vida diaria.
  • Coidado persoal, aseo e hixiene.
  • Estimulación cognitiva.
  • Talleres de terapia ocupacional e animación socio-cultural.
  • Rehabilitación funcional.
  • Atención social.
  • Atención psicolóxica.
  • Apoio e información ás familias.
  • Actividades de musicoterapia.
  • Transporte adaptado.
  • Comida de mediodía.

Máis Información

 Persoas e colectivos poderán beneficiarse do uso das instalacións dos centros cívicos, sempre que non desenvolvan unha actividade profesional ou laboral nas súas instalacións.

A cidadanía poderá solicitar o uso das dependencias ou equipamentos do centro cívico que estean dispoñibles para iso, sempre que o destinen a un fin público e para actividades sen ánimo de lucro destinadas ao desenvolvemente cultural e social e para a promoción da vida asociativa.

A autorización da cesión de espazos farase tras a entrega dunha solicitude (que non supón a concesión do espazo) e seguindo un criterio de prioridade.

Centros Cívicos en Ourense

  • Centro Cívico da Cuña. Rúa Manuel Peña-Rey, número 18. Teléfono: 988.61.90.58
  • Centro Cívico da Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira, número 43. Teléfono: 988.51.19.11
  • Centro Cívico Colón. Rúa Colón 18-20. Teléfono: 988.39.31.07
  • Centro Cívico As Termas. Praza 200. Teléfono: 988.68.67.64
  • Centro Cívico Seixalbo. Rúas Estreita, número 1. Teléfono: 988.24.29.14
  • Centro Cívico Ceboliño (gestionado pola Asociacion de Veciños de Ceboliño)

Máis información

Descrición

Solicitude de cita para atención da cidanía nos servizos da Concellería de Benestar Social.

solicitudes online serán tramitadas pola Oficina de Atención ao Cidadán

 

Como facelo?

Tramitación online

Pulsando en TRAMITAR poderá realizar a súa solicitude de maneira telemática.

Tramitación presencial

Poderá tramitar a solicitude de cita presencialmente na:

  • Oficina de Atención ao Cidadán
  • Unidade interdisciplinar de intervención social- A Ponte
  • Unidade interdisciplinar de intervención social- Zona Histórica
  • Unidade interdisciplinar de intervención social- Centro
  • Unidade interdisciplinar de intervención social- O Couto

 

O servizo de comida no fogar, como norma xeral, será un servizo complementario do Servizo de Axuda no Fogar, que mediante persoal cualificado suministra diariamente a comida no fogar a persoas que pola sua especial situación así o requiran.

En casos extraordinarios podrán disfrutar do servizo outros usuarios non incluidos no Servizo de Axuda no Fogar, sempre que mediante un informe técnico do traballador social correspondente se fundamente a situación de necesidade dunha persoa ou familia, e que se considere este servizo como o recurso idoneo para dar resposta a esta situación de necesidade.

O servizo de comida no fogar está regulado no Artigo 4, punto 2 da Ordenanza reguladora do servizo de Axuda no Fogar, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a fecha de 25 de novembro de 2014. Pode obter información de como debe solicitar este servizo na Sede eléctrónica municipal.

As Unidades Interdisciplinares de Intervención Social, UNIS, son a canle normal de acceso ao sistema de servicios sociais do Concello, coa intención de garantir a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias e aos ámbitos familiar e social.

Funcións

  • Estudo e diagnose social de comunidade, o que supón a detección e análise de necesidades e demandas no seu ámbito de intervención.
  • Elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas nesta diagnose social.
  • Identificar grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para desenvolver actuacións de carácter preventivo e de promoción social
  • Atender situacións individuais, información en relación coas demandas presentadas polos usuarios e diagnose e valoración previa técnica antes de intervir no caso. Esta valoración incluirá, cando sexa preciso, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar, así como a asistencia a hora de realizar os trámites necesarios para acceder a outros recursos.
  • Axuda na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención segundo os termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
  • A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, segundo a normativa en vigor.
  • A información, orientación e asesoramento a toda a poboación para que poida acceder aos recursos sociais.
  • O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.

Ubicación

  1. UNIS Casco Vello: r/ Colón 18-20 (Centro Cívico Colón). Terceira planta. Tlf.: 988 393 107
  2. UNIS Centro: r/ Bernanrdo Glez. Cachamuiña, baixo 11-13 esq. rúa telleira.
    Tlf.: 988 782 914
  3. UNIS A Ponte: r/Eulogio Franqueira, 43. Tlf: 988 511 907
  4. UNIS O Couto: r/Fco. de Moure, 2 Entrechán (Praza do Couto). Tlf.: 988 220 856


Programas:

  1. Programa de Valoración, Orientación e Información (pdf)
  2. Programa básico de Inserción Social (pdf)
  3. Servizo de Educación e Apoio Familiar (pdf)

Son aqueles que desenvolven programas e xestionan centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincoporación social, ou como espazo de tránsito hacia un servizo especializado.

Estes servizos poderán ter un carácter comarcal, de acordo coa planifación e ordenación do sistema galego de servizos sociais.

Obxectivos:

  • Desarrollar programas e actividades para previr a exclusión de grupos vulnerables e facilitar a súa inserción e normalización social
  • Atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión a través de programas en medio aberto, en centros de tipo non residencial ou en centros de residencia temporal.
  • Xestión de equipamentos comunitarios para sectores de poboación con necesidades específicas.

Programas

  1. Programas de Familia, Infancia e Adolescencia (pdf)
  2. Programas de Promoción da Autonomía Persoal e Envellecemento Activo (pdf)
  3. Programas de Inclusión social (pdf)
    1. Atención a Inmigrantes e Emigrantes Retornados (pdf)
    2. Programa de Incorporación Sociolaboral (pdf)
    3. Atención a Persoas sen fogar (pdf)
    4. Atención a Minorías étnicas (pdf)
    5. Programa de atención á poboación xitana (pdf)

Localización

Bispo Carrascosa, número 8

A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrumpida cun equipamento de comunicacións e informática específicos especialmente destinados a persoas maiores que viven soas para que teñan atención inmediata en caso de emerxencia.

O sistema consta dunha unidade de alarma que leva a persoa, un terminal telefónico e unha central informatizada que recibe as chamadas e está situada no Centro de Atención. O servizo permite que ante cualquier situación de emerxencia con tan só premer o botón do dispositivo que levan enrriba os usuarios poidan comunicarse coa central, que está atendida por persoal especializado.

O servizo pretende proporcionar unha resposta inmediata que permita establecer unha comunicación entre o usuario e o centro de atención durante as 24 horas do día os 365 días do ano. Atende situacións de emerxencia sanitaria, inseguridade, soidade e illamento..

Esta oferta se complementa cun servizo de axenda-recordatorio de determinadas tarefas, coma o control de medicamentos crónicos ou consultas médicas e sociais.

Solicitude

A través do servizo de cita previa, no teléfono 988.39.29.09

Persoas beneficiarias

  • Maiores de 65 anos en situación de risco ou vulnerabilidade social.
  • Persoas con discapacidade ou enfermedades crónicas con risco para a súa saúde.
  • Persoas noutras situacións de risco.
  • Persoas con grado de dependencia que están pendentes da asignación de teleasistencia.

Más información