Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O Concello de Ourense pasará de ingresar 0,60 euros a máis de 68.000 euros ao ano pola concesión da cafetería do Xardín Xaponés. Esta mañá tivo lugar o acto de apertura das proposicións económicas das empresas que optaban á adxudicación da xestión da cafetería, e amellor das ofertas presentadas ascende a 68.970 euros ao ano (57.000 máis 11.970 de IVE). As outras dúas foron de 68.389,20 e 63.162 euros, respectivamente.

“Estamos tremendamente satisfeitos”, sinalou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, polos resultados desta licitación, xa que o novo contrato multiplicará por 100.000 os ingresos que lle reportará ao Concello de Ourense. “Dicían que as condicións que establecín eran moi duras, temos que darnos conta de onde vimos, xa que se estaban cobrando 60 céntimos ao ano cando a abriu o PSOE en 2014. Sacamos unha licitación establecendo unhas condicións nas que eu persoalmente me involucrei na toma de decisións. Dicíase que ía quedar deserto e para nada”, dixo.
A mellor oferta que recibiu o Concello, explicou, supera os 68.000 euros ao ano, que son 100.0000 veces máis. “Esta é a xestión e a diferencia entre nós e os demais”, asegurou.