Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse hoxe con Mª Sol Novoa Rodríguez, presidenta da Confederación de Empresarial de Ourense (CEO), e parte do seu equipo, para amosarlles o proxecto de marketplace para apoiar a venda online do comercio da cidade. Trátase dun proxecto “revolucionario” que axudará a dinamizar o comercio local, en palabras do rexedor, e que distinguirá Ourense do resto dos concellos de España.

Cun investimento de 2 millóns de euros anuais, este proxecto podería rendibilizarse de ter éxito comercial, afirma Pérez Jácome. Asegura que a propia magnitude do marketplace deixou os representantes da CEO “impresionados”, e xa se traballa na posible colaboración da agrupación empresarial que representa a 8.000 entidades de Ourense, previsiblemente unha cesión de espazos e persoal. En calquera caso, o alcalde asegura que non se poden poñer fronteiras co marketplace, polo que “imos tirar do carro de toda a provincia”.