Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O Concello de Ourense desenvolve no mes de agosto a campaña 'Móllate co Comercio', unha iniciativa que pretende axudar a dinamizar o pequeno comercio da cidade e darlle un incentivo aos cativos no verán. Así, todos os martes e xoves haberá inchables e xogos acuáticos repartidos por todos os barrios.

Esta campaña susténtase sobre tres realidades, en palabras da concelleira de Comercio, María del Mar F. Dibuja: “O pequeno comercio precisa da nosa axuda, os nenos foron os máis afectados durante a pandemia, e vivimos nunha cidade moi calorosa”. Busca a súa Concellería implicar a pais, nais e cativos: que saian xuntos a comprar, e que o fagan no pequeno comercio da cidade.

DATAS

  • Martes 4 - Parque do Barbaña
  • Xoves 6 - Xardín do Posío
  • Xoves 13 - A Farixa
  • Martes 18 - Santa Teresita
  • Mércores, 19 - A Ponte (NOVA DATA)
  • Xoves 20 - Campus universitario das Lagoas
  • Martes 25 – Barrocás (Rúa de Cesáreo González)
  • Mércores, 26 - Parque de Santa Teresita (NOVA DATA)
  • Xoves 27 – Pavillón dos Remedios

Acceso gratuíto. Horario, de 18.00 a 21.00 horas

Carlos López, da empresa Saudeter -encargada de levar a cabo as actividades-, asegura que se tomarán todas as medidas de seguridade para crear contornas seguras: os grupos serán de 15 rapaces máximo, e ademais das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, engadiranse outras, alternativas, para garantir a seguridade de todos os participantes”.

Os menores de 14 anos, en calquera caso, deberán ir acompañados dun adulto.

Máis información sobre a actividade e medidas de seguridade [AQUÍ]