Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Debido á previsión meteorolóxica de mal tempo para esta tarde, o Concello de Ourense vese na obriga de pospoñer a actividade de xogos acuáticos para a cativada “Móllate co Comercio”, que estaba prevista para as 18:00h para o vindeiro mércores, 19 de agosto, no mesmo horario (18:00 a 21:00 horas) e emprazamento, o Centro Cívico da Ponte.O Concello prégalles ás persoas afectadas que desculpen as molestias e lembra que as reservas realizadas para o día de hoxe deberanse realizar novamente para o vindeiro mércores.

Neste senso, cómpre lembrar que a actividade é de acceso gratuíto, con aforo limitado, aínda que é necesario inscribirse previamente a través da páxina web do Concello ou presencialmente no propio escenario da actividade

Tras este cambio, a programación da próxima semana de “Móllate co Comercio” incluirá 3 citas: martes 18, en Santa Teresita, mércores, 19, no Centro Cívico da Ponte e xoves, 20, no campus universitario das Lagoas. Na seguinte semana, “Móllate polo Comercio” realizarase en Barrocás, o martes, 25, e no Pavillón dos Remedios, o 27.