Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Os barrios de Barrocás (rúa de Cesáreo González), e O Vinteún (parque de Santa Teresita) e o Pavillón dos Remedios serán o martes, 25, o mércores, 26 e o xoves, 27 de agosto as próximas citas cos xogos acuáticos para nenos. Logo da mellora das condicións climatolóxicas, a actividade "Móllate co Comercio", que desenvolve a Concellería de Comercio, continúa coa súa ruta itinerante polos barrios da cidade, coa finalidade de achegar unha proposta de lecer para a rapazada durante o verán, ao tempo que apoiar o comercio local. "Móllate co Comercio" realízase de 17:15 a 20:15 horas, con entrada gratuíta e aforo limitado.

Más información sobre a actividade e medidas de seguridade aquí: MOLLATE (PDF)