Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Os concursos de decoración de Nadal para incentivar a participación de vivendas particulares e de locais comerciais no ambiente festivo na cidade, promovidos polo Concello de Ourense e organizados por Ecourense e Viaqua, entregaron esta mañá os diplomas ás propostas gañadoras. O acto contou coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e dos responsables das empresas organizadoras dos concursos, Javier David por Ecourense, e Ana Tejeiro por Viaqua.

En total, presentáronse 116 candidaturas (52 ao de vivendas e 64 ao de escaparates) para optar a algúns dos diferentes premios existentes: repartíronse 12.000 euros, repartidos así.

Concurso de decoración de vivendas, promovido por VIAQUA:

  • Primeiro premio, 1.500 euros [Rúa da Granxa 82]
  • Segundo premio, 500 euros [Paseo do Tinteiro número 4]
  • Dous terceiros premios (ventás e/ou balcóns), 500 euros [Rúa Faustino Míguez 3-6B e Avenida de Bos Aires 23-3G]
  • Dous terceiros premios (vivendas unifamiliares), 500 euros [Rúa Julia Minguillón 35 e Urbanización Pazo de Ramirás 52]

Concurso de decoración de locais comerciais, en interior ou en exterior, promovido por ECOURENSE:

  • Primeiro premio, 3.000 euros [Farmacia Martínez de Paz Vázquez].
  • 5 segundos premios, de 1.000 euros cada un: [Lecer Manualidades, Solaina, Mon Petit Salón, Cafetería JP, Arte 3]