Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Foto da reunión

O apoio ao comercio local é unha das actuacións que forman parte da folla de ruta do goberno municipal, e por iso unha das primeiras accións será a posta en marcha dunha campaña baixo o lema “Móllate por Ourense”

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou un decreto para rematar coas concentracións de persoas co risco que supón no escenario posterior ao estado de alarma pola Covid19.

Foto da reunión

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse hoxe con Mª Sol Novoa Rodríguez, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), e parte do seu equipo, para amosarlles o proxecto de marketplace para apoiar a venda online do comercio da cidade. Trátase dun proxecto “revolucionario” que axudará a dinamizar o comercio local, en palabras do rexedor, e que distinguirá Ourense do resto dos concellos de España.

Foto da reunión

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Comercio, María del Mar Fernández Dibuja, recibiron esta mañá no salón de plenos a asociación de hostaleiros Véxote nos Viños, de recente creación, para escoitar as súas demandas.

Pérez Jácome aplaude a iniciativa dos hostaleiros, e declara que o Concello quere axudalos nestes momentos difíciles: ben a través das axudas para autónomos, ben a través da dinamización da zona dos Viños -con iniciativas coma a Feira do Viño-, a través da ampliación das licenzas de terrazas ou dunha nova ordenanza de veladores para 2021. Segundo o rexedor, “hai que compatibilizar ao máximo o lecer coa lei”.

Pola súa banda, Quique Fidalgo, presidente de Véxote nos Viños, manifestaba a súa tristeza pola situación trala reunión pero, á súa vez, certa esperanza. “O goberno está entre dúas augas, pero nós estamos en terreo de ninguén”, advertiu.

Veladores na praza maior

Para solicitar a ampliación do espazo de terrazas no Concello de Ourense, as persoas interesadas poden consultar toda a información e documentación na sede electrónica municipal

O Concello de Ourense habilitou dous teléfonos de contacto, en horario de 9:00 a 14:00h, para resolver dúbidas sobre esta solicitude:

  • 988388153
  • 695083675

O prazo de tramitación remata o día 30 de xuño.



Un decreto da Alcaldía permitirá a ampliación dos espazos destinados a veladores -colocación de terrazas- para os establecementos de hostalaría que na actualidade contan coa correspondente licenza.

Terraza de hostalaría

O goberno municipal acordará unha ampliación dos espazos destinados a veladores -colocación de terrazas- para os establecementos de hostalaría que na actualidade contan coa correspondente licenza. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, lembra que, consonte o artigo 15 da Orden Ministerial do día 9 de maio, permítese a apertura de locais de hostalaría, unicamente no relativo ás terrazas, limitadas ao 50% das mesas e cadeiras permitidas no ano inmediatamente anterior de acordo coa licenza municipal. Co obxectivo de “recuperar, na medida do posible, a actividade económica”, adoptarase esa medida de ampliación, afirma Pérez Jácome, deixando claro que “sempre dentro do cumprimento estrito das normas sanitarias e de seguridade”, sobre todo as referidas ás distancias establecidas entre as mesas, así como á mobilidade dos peóns nesas zonas onde se aplique esa ampliación.

Anuncio de apoio ao comercio local

Pensa global, actúa local: O Concello de Ourense convida a cidadanía a comprar no comercio local da cidade, que reabriu as súas portas despois do peche ocasionado pola pandemia da covid-19, para ofrecernos a súa calidade, experiencia e proximidade. O comercio local achega postos de traballo fundamentais para a recuperación socioeconómica da nosa cidade e dálle vida a Ourense.

 

Xunta do alcalde cos hostaleiros

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, trasladoulles aos representantes do sector hostaleiro da cidade o compromiso do goberno municipal cun sector que “é dos máis castigados polo coronavirus, xa que os seus ingresos pasaron de cen a cero e non saben cando poderán volver a recuperar a actividade e en que condicións”. Fíxoo nunha reunión mantida no salón de plenos con Javier Outomuro, en representación da Unión de Hosteleros de Ourense (UHO), e con Miguel González, de Cociña Ourense.

O Concello de Ourense pasará de ingresar 0,60 euros a máis de 68.000 euros ao ano pola concesión da cafetería do Xardín Xaponés. Esta mañá tivo lugar o acto de apertura das proposicións económicas das empresas que optaban á adxudicación da xestión da cafetería, e amellor das ofertas presentadas ascende a 68.970 euros ao ano (57.000 máis 11.970 de IVE). As outras dúas foron de 68.389,20 e 63.162 euros, respectivamente.