Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O salón de plenos do Concello foi o escenario da entrega dos premios "Pasaporte aos teus soños", dentro da campaña que desenvolveu o Concello durante as festas de Nadal para fomentar as compras no comercio local. Desde o día 13 de decembro ata o día 7 de xaneiro repartíronse un total 20.000 pasaportes nos comercios da cidade. As persoas que quixeron tiveron a posibilidade de participar cubrindo estes pasaportes con oito selos diferentes, que lles eran concedidos por compras por un importe superior aos cinco euros. Unha vez cubertos, o depositaban nun buzón instalado no Concello. O sorteo tivo lugar o martes, oito de xaneiro.

Premios " Pasaporte aos teus soños".

2 Ceas para 2 persoas, restaurante “ ATarazana

2 Ceas para 2 persoas restaurante “ A Taberna”, incluído menú degustación.

2 Ceas para 2 persoas restaurante “ Estación de Loman”.

Todos eles por xentileza de "Unión de Hosteleros Ourensanos, UHO"

2 Ceas para dúas personas e noite de aloxamento no “Hotel Rústico San Jaime by Miguel González" . Xentileza do Hotel Rústico San Jaime

3 Bonos de fin de semana, dúas noites en réxime de pensión completa con uso de balneario por xentileza de Caldaria Termal, SL. 33

3 Estancias en Madrid ou zonas próximas ao Parque Warner, en fin de semana (de venres a domingo), en hotel de 3/4 estrelas, en réxime de aloxamento e almorzo. Dous adultos máis un neno. Inclúe as entradas para dous días consecutivos do Parque Warner . Xentileza de Logitravel.com.