Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O Concello de Ourense porá en funcionamento un dos grandes atractivos do inverno: a iluminación de Nadal o vindeiro 5 de decembro as 20:00 horas na Praza Maior. A grande novidade deste ano, segundo puxo de manifesto o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, é que a iluminación chegará a todos os barrios da cidade. Ademáis, a  idea é ir incrementando esta programación para que o Nadal ourensán sexa un referente en toda Galicia. Neste senso, a concelleira de Comercio, María Fernández Dibuja,  adianta que haberá outras novidades que os cidadáns e visitantes poderán coñecer o mesmo día da posta en funcionamiento da iluminación, na que ademais terá lugar unha actuación musical.

En canto ao orzamento, cómpre lembrar que en Xunta de Goberno Local se aprobou adxudicar a posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2019-2020, cun orzamento que ascendía a 173.756 euros, á empresa con mellor puntuación de acordo cos criterios do prego, Creaciones Luminosas SL. Neste senso, Fernández Dibuja advirte que iso supón un importante incremento con respecto a anos anteriores, entorno o 80%.