Pensa global, actúa local: O Concello de Ourense convida a cidadanía a comprar no comercio local da cidade, que reabriu as súas portas despois do peche ocasionado pola pandemia da covid-19, para ofrecernos a súa calidade, experiencia e proximidade. O comercio local achega postos de traballo fundamentais para a recuperación socioeconómica da nosa cidade e dálle vida a Ourense.