Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou un decreto para rematar coas concentracións de persoas co risco que supón no escenario posterior ao estado de alarma pola Covid19. Así, as terrazas dos locais de hostalaría en espazos públicos poderán abrir, como máximo, até as 1:00 horas os días de semana e até as 2:00 horas os venres, sábados e vésperas de festivos.

 

O alcalde adopta esta decisión dentro das súas competencias e amparado nun informe da Asesoría Xurídica municipal, no que se pon de manifesto que as instalacións e horarios de terrazas e veladores, malia estar vinculados ao local ao que pertencen, “son competencia do concello, distinta da licenza de apertura dos locais, por tratarse normalmente de ocupación de dominio público municipal”. Con esta medida preténdese regular un baleiro normativo que está a provocar que os establecementos usen como referencia o horario de apertura co de terrazas, orixinando ruídos e, por conseguinte, alteración do descanso dos veciños das zonas afectadas.

O informe alude á competencia municipal en materia de “comprobación, inspección, sanción e demais medidas de control para garantir que o exercicio da actividade se adecúa á normativa vixente”. Polo tanto, correspóndelle ao Concello adoptar medidas de control e vixilancia, ben en materia de terrazas coma de ruídos, e debe adoptar provisionalmente o control do horario de terrazas: a medida estará en vigor no tempo en que se tramita unha ordenanza municipal correspondente.

Desta forma, o horario de peche das terrazas e veladores en establecementos abertos ao público será o que segue:

  • Tempada de verán (1 de xuño a 1 de novembro)
    - Diario, 1:00 horas.
    - Venres, sábados e vésperas de festivo, 2:00 horas.

  • Tempada de inverno (1 de novembro a 31 de maio)
    - Diario, 0:00 horas
    - Venres, sábados e vésperas de festivo, 1:00 horas.

Consulta o DECRETO [pdf, 237 kb]