Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Os nenos e as nenas poderán desfrutar o martes, 11 de agosto, dos xogos acuáticos que o Concello instalará na Farixa, nas proximidades do supermercado Mercadona, dentro da campaña "Móllate co Comercio". Será de 18:00 a 21:00 hora, con aforo limitado e entrada gratuíta. A campaña percorre os barrios da cidade de forma itinerante, os martes e os xoves, coa finalidade de axudar a dinamizar o pequeno comercio da cidade e darlle un incentivo aos cativos neste caluroso verán.

DATAS

  • Martes 4 - Parque do Barbaña
  • Xoves 6 - Xardín do Posío
  • Xoves 13 - A Farixa
  • Martes 18 - Santa Teresita
  • Mércores 19 - Centro Cívico da Ponte (Nova data)
  • Xoves 20 - Campus universitario das Lagoas
  • Martes 25 – Barrocás
  • Xoves 27 – Pavillón dos Remedios

Carlos López, da empresa Saudeter -encargada de levar a cabo as actividades-, asegura que se tomarán todas as medidas de seguridade para crear contornas seguras: os grupos serán de 15 rapaces máximo, e ademais das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, engadiranse outras, alternativas, para garantir a seguridade de todos os participantes”.

Os menores de 14 anos, en calquera caso, deberán ir acompañados dun adulto.

Máis información sobre a actividade e medidas de seguridade en: Móllate co Comercio (PDF)