Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O mercado de antigüidades, que se realiza cada primeiro domingo de mes na Praza Maior, e a campaña de venda de uva, que nestas datas adoita realizarse no campo da feira, suspéndense en aplicación das indicacións da “Orde do 2 de setembro de 2020 da Conselleria de Sanidadepola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Ourense”.

A Concellería de Comercio adopta estas decisións coa finalidade de salvargar a seguridade e a saúde das persoas que participan nestas actividades: compradores, visitantes e vendedores, así coma do conxunto da cidadanía, xa que non se pode garantir que se realicen con plenas garantías de evitar exposicións ou contaxios en estrito cumprimento da normativa.

Tamén en aplicación da orde da Consellería de Sanidade, o Concello decidiu adiantar a onte o peche de temporada das piscinas de Oira e reduce a 150 persoas o aforo dos espectáculos ao aire libre na terraza do Auditorio.