Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria do Concello de Ourense e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, a Concellería de Comercio do Concello de Ourense, como autoridade competente no uso da vía pública, acordou suspender as feiras dos días 7, 17 e 26 no Parque do Barbaña e o mercado de antigüidades que se celebra o primeiro domingo de cada mes na Praza Maior. Esta medida farase extensible, inicialmente, aos meses de outubro e novembro de 2020.

Pola súa banda, ante as novas medidas e restricións sanitarias na cidade de Ourense, o Consello Municipal de Igualdade desconvocou a concentración de condea á violencia de xénero prevista para o vindeiro luns, 5 de outubro, ás 20,00 horas, que organiza o primeiro luns hábil de cada mes na Praza maior.