Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O Concello de Ourense non lles impedirá ás polbeiras retomar a súa actividade nas rúas da cidade sempre que extremen o cumprimento dos protocolos e medidas de seguridade sanitarias. Así llo comunicou esta mañá o concelleiro de Comercio e Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, a Isaura González, presidenta da Asociación de Polbeiras de O Carballiño, Arcos, Ourense, e outros representantes da Confederación Empresarial de Ourense.

O desenvolvemento da actividade queda en todo caso condicionado a que non se xeren riscos nin se ocasionen congregacións dun grande número de persoas. A actividade estará suxeita á supervisión da Policía Local de Ourense, que velará por que se desenvolva de forma axeitada e segura. Esta decisión é extensiva tamén a outros postos individuais de venda de comida na rúa, como son os de castañas ou churros.