Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O Concello de Ourense decretou xa, a día de hoxe, o pago de 1 millón de euros en axudas a autónomos. Son as primeiras 500 axudas que se conceden desta convocatoria. A día de hoxe están tramitadas, aprobadas e decretado o seu pago, que se producirá nos próximos días.

A situación actual da tramitación de solicitudes para a concesión de subvencións para persoas autónomas no municipio de Ourense é a que sigue:

Total de solicitudes recibidas: 4.612

  • Solicitudes tramitadas: 3.457 (75%)
  • Propostas para a denegación: 15 (0,3%)
  • Propostas para a concesión: 2.658 (57,6%)
  • Solicitudes pendentes de tramitación: 1.155 (25%)
  • En curso de tramitación: 14 (0,3%)
  • Pendentes de tramitación: 1.141 (24,7%)