Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Foto da reunión

O Concello de Ourense non lles impedirá ás polbeiras retomar a súa actividade nas rúas da cidade sempre que extremen o cumprimento dos protocolos e medidas de seguridade sanitarias.

Feira do Parque do Barbaña

Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria do Concello de Ourense e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, a Concellería de Comercio do Concello de Ourense, como autoridade competente no uso da vía pública, acordou suspender as feiras dos días 7, 17 e 26 no Parque do Barbaña e o mercado de antigüidades que se celebra o primeiro domingo de cada mes na Praza Maior. Esta medida farase extensible, inicialmente, aos meses de outubro e novembro de 2020.

Pola súa banda, ante as novas medidas e restricións sanitarias na cidade de Ourense, o Consello Municipal de Igualdade desconvocou a concentración de condea á violencia de xénero prevista para o vindeiro luns, 5 de outubro, ás 20,00 horas, que organiza o primeiro luns hábil de cada mes na Praza maior.

Luces de Nadal

A contratación da iluminación de Nadal, cun orzamento de máis de 350.000 euros, e o mantemento de infraestruturas viarias da cidade, por importe de 3,3 millóns para os vindeiros dous anos, deron un paso adiante esta mañá coa celebración da xuntanza da mesa de contratación do Concello, na que participou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Mercado de antigüidades

O mercado de antigüidades, que se realiza cada primeiro domingo de mes na Praza Maior, e a campaña de venda de uva, que nestas datas adoita realizarse no campo da feira, suspéndense en aplicación das indicacións da “Orde do 2 de setembro de 2020 da Conselleria de Sanidade.

Cartel da actividade

Barrocás, O Vinteún e o Pavillón dos Remedios serán o martes, 25, o mércores, 26 e o xoves, 27 de agosto as próximas citas cos xogos acuáticos para nenos.

Cartel da actividade

Debido á previsión meteorolóxica de mal tempo para esta tarde, o Concello de Ourense vese na obriga de pospoñer a actividade de xogos acuáticos para a cativada “Móllate co Comercio”, que estaba prevista para as 18:00h para o vindeiro mércores, 19 de agosto, no mesmo horario (18:00 a 21:00 horas) e emprazamento, o Centro Cívico da Ponte.

Nenos usando os xogos acuáticos

Os nenos e as nenas poderán desfrutar o xoves, 13 de agosto, dos xogos acuáticos que o Concello instalará na Farixa, nas proximidades do supermercado Mercadona, dentro da campaña "Móllate co Comercio".

Luces de Nadal na Praza Maior

O Concello de Ourense aposta este ano por potenciar a iluminación do Nadal, á que adicará unha achega económica de 351.131,11 euros, o dobre ca no exercicio anterior.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou o decreto que amplía o horario de peche das terrazas na vía pública até as 2:30 horas da madrugada, dende o xoves aos sábados e vésperas de festivo.

Foto da reunión

O Concello de Ourense desenvolve no mes de agosto a campaña 'Móllate co Comercio', unha iniciativa que pretende axudar a dinamizar o pequeno comercio da cidade e darlle un incentivo aos cativos no verán.