Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Comercio, María del Mar Fernández Dibuja, recibiron esta mañá no salón de plenos a asociación de hostaleiros Véxote nos Viños, de recente creación, para escoitar as súas demandas.

Pérez Jácome aplaude a iniciativa dos hostaleiros, e declara que o Concello quere axudalos nestes momentos difíciles: ben a través das axudas para autónomos, ben a través da dinamización da zona dos Viños -con iniciativas coma a Feira do Viño-, a través da ampliación das licenzas de terrazas ou dunha nova ordenanza de veladores para 2021. Segundo o rexedor, “hai que compatibilizar ao máximo o lecer coa lei”.

Pola súa banda, Quique Fidalgo, presidente de Véxote nos Viños, manifestaba a súa tristeza pola situación trala reunión pero, á súa vez, certa esperanza. “O goberno está entre dúas augas, pero nós estamos en terreo de ninguén”, advertiu.