Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou o decreto que amplía o horario de peche das terrazas na vía pública até as 2:30 horas da madrugada, dende o xoves dende o xoves aos sábados e vésperas de festivo durante a tempada de verán -até o 31 de outubro-. O resto dos días de semana o peche será unha hora antes, ás 1:30 horas da madrugada.

Así, modifícase o punto primeiro do Decreto numero 20200003174 de 2 de xullo de 2020, e establécese o horario de peche das terrazas e veladores en establecementos abertos ao publico:

  • Temporada de Verán, do 1 de xuño a 31 de outubro.

- Xoves, venres, sábados e vésperas de festivos: 2:30 horas.

- Resto de días: 1:30 horas.

  • Temporada de inverno, desde o 1 de novembro.

- Xoves, venres, sábados e vésperas de festivos: 1:30 horas.

- Resto de días: 00:30 horas

A efectos aclaratorios, enténdese que as horas de peche especificadas para días concretos corresponden ás horas de madrugada que xa forman parte do día seguinte.

Esta medida estará vixente até o 1 de xaneiro de 2021.

Consulta o Decreto: [Peche de terrazas].pdf