O Concello de Ourense decretou xa, a día de hoxe, o pago de 1 millón de euros en axudas a autónomos. Son as primeiras 500 axudas que se conceden desta convocatoria. A día de hoxe están tramitadas, aprobadas e decretado o seu pago, que se producirá nos próximos días.
A situación actual da tramitación de solicitudes para a concesión de subvencións para persoas autónomas no municipio de Ourense é a que sigue:
Total de solicitudes recibidas: 4.612
- Solicitudes tramitadas: 3.457 (75%)
- Propostas para a denegación: 15 (0,3%)
- Propostas para a concesión: 2.658 (57,6%)
- Solicitudes pendentes de tramitación: 1.155 (25%)
- En curso de tramitación: 14 (0,3%)
- Pendentes de tramitación: 1.141 (24,7%)