Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Co gallo de incentivar a participación da cidadanía na decoración de luces de Nadal, tanto en vivendas particulares como en locais comerciais, dedicados ao comercio ou hostalería, Ecourense UTE e Viaqua poñen en marcha senllos concursos, coa colaboración e asesoramento do Concello de Ourense, para contribuír a xerar un ambiente festivo na cidade. O obxectivo, en ámbolos casos é promover a creatividade a través da reciclaxe e/ou o uso da auga.

Un concurso está destinado á decoración de fachadas en vivendas particulares, o promovido por Viaqua, e outro a decoración de locais comerciais, interior ou exterior, promovido por Ecourense.

Nestes concursos terase en conta a súa orixinalidade, deseño, iluminación e o uso de materiais reciclados. Amais, no caso do concurso de vivendas particulares terase en conta a referencia á auga na decoración.

Inscricións: Até o 25 de decembro.

Premios Concurso de decoración de fachadas de vivendas:

  • Primeiro premio: 1.500€
  • Segundo premio: 500€
  • Dous terceiros premios (ventás e/ou balcóns): 500€
  • Dous terceiros premios (vivendas unifamiliares): 500€

Premios Concurso de decoración de locais comerciais:

  • Primeiro premio: 3.000€
  • 5 Segundos premios: 1.000€

Bases