Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Anuncio de apoio ao comercio local

Pensa global, actúa local: O Concello de Ourense convida a cidadanía a comprar no comercio local da cidade, que reabriu as súas portas despois do peche ocasionado pola pandemia da covid-19, para ofrecernos a súa calidade, experiencia e proximidade. O comercio local achega postos de traballo fundamentais para a recuperación socioeconómica da nosa cidade e dálle vida a Ourense.

 

Xunta do alcalde cos hostaleiros

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, trasladoulles aos representantes do sector hostaleiro da cidade o compromiso do goberno municipal cun sector que “é dos máis castigados polo coronavirus, xa que os seus ingresos pasaron de cen a cero e non saben cando poderán volver a recuperar a actividade e en que condicións”. Fíxoo nunha reunión mantida no salón de plenos con Javier Outomuro, en representación da Unión de Hosteleros de Ourense (UHO), e con Miguel González, de Cociña Ourense.

O Concello de Ourense pasará de ingresar 0,60 euros a máis de 68.000 euros ao ano pola concesión da cafetería do Xardín Xaponés. Esta mañá tivo lugar o acto de apertura das proposicións económicas das empresas que optaban á adxudicación da xestión da cafetería, e amellor das ofertas presentadas ascende a 68.970 euros ao ano (57.000 máis 11.970 de IVE). As outras dúas foron de 68.389,20 e 63.162 euros, respectivamente.

Desfile de Papá Noel

O venres, 20 de decembro chegan desde Laponia a Ourense Papá Noel e os seus renos. Un evento máxico e único en Galicia. Unha pequena cabalgata con Papá Noel, renos e elfos percorrerá o centro da cidade. Sairá ás 18:30 desde a Policía Nacional e pasará polas rúas Castelao, Cardenal Quevedo, San Lázaro, Santo Domingo, Alejandro Outeiriño e Paseo ata rematar na Praza do Bispo Cesáreo, onde as nenas e os nenos poderán interactuar cos protagonistas do desfile. É unha iniciativa da Federación de Comercio de Ourense e a Concellería de Comercio do Concello de Ourense.

A Concellería de Comercio suma tamén á programación do Nadal de Ourense 9 sesións de videomapping, unha actividade que goza dunha extraordinaria acollida por parte do público ourensán. Serán o sábado, 21, o venres, 27 e o sábado, 4, en 3 sesións cada un destes días, ás 20.00, 20.30 e 21.00 horas.

O Concello de Ourense porá en funcionamento un dos grandes atractivos do inverno: a iluminación de Nadal o vindeiro 5 de decembro as 20:00 horas na Praza Maior. A grande novidade deste ano, segundo puxo de manifesto o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, é que a iluminación chegará a todos os barrios da cidade. Ademáis, a  idea é ir incrementando esta programación para que o Nadal ourensán sexa un referente en toda Galicia. Neste senso, a concelleira de Comercio, María Fernández Dibuja,  adianta que haberá outras novidades que os cidadáns e visitantes poderán coñecer o mesmo día da posta en funcionamiento da iluminación, na que ademais terá lugar unha actuación musical.

En canto ao orzamento, cómpre lembrar que en Xunta de Goberno Local se aprobou adxudicar a posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2019-2020, cun orzamento que ascendía a 173.756 euros, á empresa con mellor puntuación de acordo cos criterios do prego, Creaciones Luminosas SL. Neste senso, Fernández Dibuja advirte que iso supón un importante incremento con respecto a anos anteriores, entorno o 80%.

Convenio Praza Abastos

O Concello de Ourense e o Mercado de Abastos número 1 de Ourense veñen de asinar un protocolo de colaboración para a posta en marcha de distintas actividades lúdico-educativas entre os escolares da cidade ao longo deste ano que contribúan á educación para o consumo responsable entre a rapazada, así como para potenciar o desenvolvemento do comercio local.

Pasaporte aos teus soños

O salón de plenos do Concello foi o escenario da entrega dos premios "Pasaporte aos teus soños", dentro da campaña que desenvolveu o Concello durante as festas de Nadal para fomentar as compras no comercio local. 

Foto fachada Concello

O Concello de Ourense potencia o comercio local e fomenta o asociacionismo comercial a través do seu plan de subvencións.

Documentos

Entrega dos premios do Box dos Desexos

O Concello entregou o xoves 11 de xaneiro os premios aos gañadores do sorteo de premios do Box dos Desexos, dentro da campaña do fomento do Comercio Local con motivo do Nadal posta en marcha polo Concello de Ourense coa colaboración de Logitravel, Caldaria Termal e Unión de Hosteleros Ourensanos. O sorteo, segundo as bases do mesmo, realizouse este luns 08 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de Plenos.

Escaparate premiado

O Concurso de Escaparates de Nadal celebrou o 22 de nadal, no salón de plenos, o acto de entrega dos premios aos gañadores da súa vixésimo oitava edición. A farmacia Martínez de Paz, en Francisco de Moure, a panadaría Tito da rúa Mateo de Prado, e Arte 3, en Bernardo Cachamuiña, foron os gañadores na categoría do xurado profesional.