Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O cuarteto de corda Attacca actuará o mércores un de febreiro no Teatro Principal, dentro do IV Ciclo de Música de Cámara “Enclave de Cámara”. Os músicos ofrecerán un repertorio baseado en obras de Ludwig van Beethoven, Franz Shubert y Caroline Shaw.

A cita co cuarteto estadounidense conformado por Amy Schroeder (violín), Keiko Tokunaga (violín), Nathan Schram (viola) e Andrew Yee (violonchelo) será a partires das 20,30 horas.

Máis información

Folleto do programa de actuación