Recepción no Concello a 50 estudiantes da Universidade da Coruña que realizan unha visita urbanística á cidade
Detalles
A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, recibiu no salón de plenos do Concello a medio centro de estudiantes da materia “Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio”, do grao de Socioloxía da Universidade da Coruña, e ao seu profesor Valerio González. Como parte das súas prácticas, realizan esta visita urbanística á cidade de Ourense.Percórrena en autobús con megafonía, máis algún treito a pé, co obxectivo de coñecer:
Localización de actividades (entendendo procesos de centralidade, turistificación, etc.)
Tipoloxías de espazos (viario, parcelacións, espazos simbólicos, etc.).
Tras visitar o Concello, percorreron a pé parte do casco vello e do ensanche. Comerán no Campus e percorrerán en bus o rural ata as 17,00 horas, cando volverán á Coruña.