Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense aprobou as bases e a convocatoria do concurso para o deseño do cartel das Festas de Ourense 2019, que terá un premio de 1.000 euros para a persoa gañadora. As obras deberán ser inéditas e orixinais, e non poden ter sido premiadas anteriormente nin atoparse pendentes da resolución do xurado noutros concursos.

O prazo límite para a presentación será o venres 7 de xuño. Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello na Praza Maior, planta baixa, nun sobre no que figurará “Concurso Carteis Festas 2019”, baixo un pseudónimo ou lema.

Estas son as Bases_do Concurso do Cartel_das Festas_19.pdf

Esta é a DeclaracionConcursogalego.pdf