Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O concelleiro de Cultura, Mario González, e o técnico Manuel Freire presentaron a programación de actividades que acollerá o Auditorio Municipal de Ourense durante o último trimestre do presente ano. Tras ser escenario en setembro de presentacións destacadas como a estrea da última montaxe de Sarabela: “Crónicas do Paraíso”, o Auditorio acollerá de outubro a decembro unha trintena espectáculos que porán á disposición do público da cidade unha ampla variedade de modalidades escénicas. Entre elas, o teatro, coa estrea das obras “Todas as marabillas do mundo”, de Producións Dispersas – o 20 de outubro -, e “O meu mundo non é deste reino”, de Teatro da Ramboia – o 7 de novembro -. Tamén cabe subliñar as obras “Non hai papel”, de Desafora2, con Ángeles Martín -o 7 de novembro” ou “24 horas na vida dunha muller”, con Silvia Marsó – o 16 de novembro- .

Na danza destacan a actuación de Sara Baras – o 7 de decembro -, o certame de danza contemporánea Solodos – o 20 de novembro -, ou o Ballet Nacional Ruso con O Quebranoces – o 11 de decembro -, e A Bela Dormente – o 12 de decembro -.

Ademais, nos tributos musicais hai que subliñar a Michael Jackson – o 9 de novembro -, ou Mecano – o 10 de novembro -; e no humor a Moncho Borrajo -venres, 11- Luis Zahera e Osvaldo Digón– o 2 de novembro -, ou Goyo Jiménez – o 15 de novembro -.

Son algunhas das propostas, que se suman á programación estable dirixida ás familias que o Auditorio acolle cada domingo. A programación desenvólvese coa colaboración da Agadic.

Consulta a Programación do Auditorio_outubro-decembro_19.pdf