Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Museo Municipal inaugurará hoxe, venres, 4 de outubro, ás 19:30 horas a exposición “Fragmentos de existencia”, do artista ourensán Francisco Ramos, que estará aberta ao público até final de ano na sala III do Museo da rúa Lepanto. A mostra consta dun total de 20 acuarelas de formato medio-grande e un óleo sobre táboa.

Francisco Ramos, natural de Morgade (comarca da Limia) é un artista que sente a textura acuosa da acuarela a través das cores de diversa natureza, integrando de forma diferente e atrevida tons fríos e cálidos, facendo xurdir dunha captura previa do natural unha abstracción paisaxística.

O Museo Municipal acolle tamén ata final de ano, nas salas I e II a exposición “Inquietudes” de Fernando Prieto, formada por unha colección de 30 obras sobre lenzo do pintor coruñés.