Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense convoca as subvencións destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro promovidos por asociacións de veciños e comisións de festas. Desde o venres, 18 de outubro até o venres, 8 de novembro, as entidades ou asociacións poderán presentar as súas solicitudes.

A contía das subvencións estará en función do custo dos programas ou actividades e dos recursos cos que conte para cubrir estes parcialmente. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que supere o 75% do orzamento do proxecto. Este límite operará tanto no momento de outorgar a subvención como no exame da conta xustificativa que debe presentar o beneficiario da subvención para acreditar o emprego da subvención concedida.

As solicitudes presentaranse a través da Sede electrónica municipal.

O extracto da convocatoria pódese consultar no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 17 de outubro, e toda a documentación relativa a esta convocatoria está dispoñible na páxina web do Concello de Ourense.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Ourense, na Rúa da Canle 2, teléfono 988391290