Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O xoves, 31, ás 20.30 horas, Malasombra producións represenrtará Bernarda, obra dramática protagonizada polas actrices galegas Luísa Merelas (gañadora de 2 premios María Casares), Celia González e Esther Aja. Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. A dunha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir que educa as súas fillas como mellor sabe, aínda que elas non o vexan así. Este choque xeracional por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras,e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Este é o cartel da obra Bernarda.jpg

O sábado, 2, ás 21.00 h será o turno de Muiñeiras, de MM Promocións, con dous dos mellores humoristas galegos: Luís Zahera (gañador do Goya 2019) e Oswaldo Digón, acompañados por Naiama, o grupo de gaitas que porá a banda sonora. A comedia é a protagonista deste espectáculo que combina monólogos, con música tradicional da nosa terra, e a golpe de muiñeiras. “Temos a firme intención de poñer a bailar os nosos humoristas, e por que non, o público que se achegue ao espectáculo”, di a compañía.

A terceira cita será o domingo, con No hay papel, da compañía Desafora2. Unha obra escrita pola actriz, xornalista e dramaturga Beatriz Bergamín e protagonizada xunto á tamén popular actriz, produtora e empresaria, Ángeles Martín, premio da Unión de actores e actrices 2019 á mellor actriz de reparto No hay papel é a unha historia de vida, a de dúas mulleres, dúas irmáns, dúas xornalistas, dúas actrices en realidade que presentan as súas vivencias e as da sociedade na que viven, no escenario. A obra foi seleccionada para participar na XXV Muestra de Autores Españoles contemporáneos, o festival mis prestixioso de teatro de texto do Estado. Este é o cartel da obra:Nohaypapel.jpg

As entradas para Bernarda (desde 3 euros), Muiñeiras (12) e No hay papel (5) están á venda en Ataquilla na sala de exposicións Afundación e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.